Cargando
Saltar ao contido

Motor de produto

Produtos xa construídos, listos para personalizar.

Chegan coa subscrición, a tarifa, os documentos e a operativa. Ti personalízaos e pósos á venda.
  • Caución
  • Afianzamento
  • Decenal
  • RC profesional
  • Cyber
  • D&O

Produtos xa construídos, entre outros

Moitos sistemas dánche as ferramentas para construír un produto. Nós, ademais, dámosche produtos completos que xa funcionan.

Caución

Garantías de cumprimento xa operativas. Axustas tarifa, documentos e procesos sen escribir código.

Afianzamento

Avais coa subscrición xa modelada. Ábreos á túa rede sen reconstruír o produto.

Decenal

A responsabilidade decenal, con procesos e documentos resoltos. Cambias regras e tarifa cando cambia o mercado.

RC profesional

Responsabilidade de profesións e empresas, lista para cotizar e emitir. Adaptas coberturas sen un proxecto de IT.

Cyber

Ciberrisco listo para cotizar e emitir. Distribúes incrustado, en affinity ou pola túa rede, coa túa marca.

D&O

Responsabilidade de administradores e directivos. A operativa xa está; ti escolles canle, documentos e condicións.

Mellor que contarcho.

Cóntanos como funciona o teu negocio e que precisas, e se isto ten sentido montamos unha demo para amosarche que poderías conseguir coa nosa plataforma.
  • Parte de produtos seguradores completos e operativos, coa lóxica de subscrición, procesos e funcionamento xa resoltos.
  • Personalízaos tanto como precises: tarifas, coberturas, regras, documentos e procesos, sen depender da programación.